CRTVG

Buscar

Os equipos galegos de balonmán van a Portugal para xogar amigables

Publicado o 12/08/2020 16:27

Coches indo cara Portugal. Coches con xogadores de balonmán buscando pavillóns no país veciño. Os nosos equipos non poden xogar amigables en Galicia. O 3 de setembro o Mecalia Guardés ten a fase final da Copa da Raiña. O adestrador está inquedo.

Esa preocupación tamén a teñen os equipos da Asobal. O inicio da Liga está fixado para o 2 de setembro.

O Cisne tiña programados seis partidos amigables en Galicia. De momento, só ten confirmado un, en Portugal.

Todos teñen o mesmo problema.

Complicada unha pretemporada sen amigables.

A Xunta agarda polo protocolo do Consello Superior do Deportes. O balonmán volve nada máis finalizar agosto. O Guardés e o Cisne simbolizan a problemática de moitísimos clubs galegos.

Noticias web

12/08/2020