CRTVG

Buscar

Os equipos galegos da segunda B terán que viaxar a Canarias, Baleares e Melilla

Publicado o 10/07/2019 19:19
Os equipos galegos da segunda B terán que viaxar a Canarias, Baleares e Melilla

Xa se coñece como queda o grupo 1 de Segunda B no que están os equipos galegos. En concreto estarán o Coruxo, o Celta B, o Pontevedra e o Rácing de Ferrol e terán que desprazarse para xogar ben lonxe de Galicia: Tres veces haberá que ir ás Illas Baleares, unha vez ás Canarias e unha vez a Melilla. A Federación subvenciona estas viaxes, pero só desde Madrid. Isto obriga os equipos galegos a facer transbordo. O grupo complétase con sete equipos madrileñós e catro asturianos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2019