CRTVG

Buscar

Os equipos de rescate recuperan as caixas negras

Publicado o 11/03/2019 21:27

As dúas caixas negras do Being 737 de Ethiopian Airlines xa foron atopadas, segundo informou a propia liña aérea e esperan que acheguen información sobre o acontecido. Vaise iniciar unha investigación por parte dun comité para esclarecer as causas do accidente en que morreron 157 persoas de 35 nacionalidades. Terá como cometido realizar a investigación forense, a identificación das vítimas e entregar os restos ás súas familias.

"Eu saín de Addis Abeba precisamente unhas horas antes. É un aeroporto ultamoderno dotado de todas as axudas á navegación. Non sei que puido pasar", asegurou Borrell. 

A torre de control perdeu o contacto despois de que o piloto comunicara que tiña problemas. Algunhas testemuñas manifestaron que viran saír fume da aeronave. A China e Etiopía suspenderon o uso de todos os seus Boeing 737 Max8. Ethiopian Airlines é a maior liña aérea de África.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/03/2019