CRTVG

Buscar

Os epidemiólogos piden "medidas máis drásticas" contra o virus

Publicado o 10/01/2021 14:02

Con estes datos sobre a mesa, cada vez son máis as voces que piden un endurecemento das restricións. Os rexistros destes días confirman que os positivos diarios se dispararon tras as festas, e poderiamos estar ante o encadeamento da segunda coa terceira vaga da pandemia.

A taxa de positividade subiu, achégase cada vez máis ao 10 por cento. A chave, segundo os epidemiólogos, está en frear as interaccións sociais neste momento crítico.

Noticias web

10/01/2021