CRTVG

Buscar

Os enxeñeiros galegos presentan 100 propostas para o desenvolmento de Galicia

Publicado o 22/03/2019 14:20

Os oito colexios de enxeñaría que hai en Galicia, dende minas ata naval, pasando por montes ou telecomunicacións, unen os seus coñecementos para propoñer medidas que favorezan o progreso do país. Entre elas, especializarse na construción de transatlánticos de luxo, como xa se está a facer en Vigo; impulsar os edificios sostibles con madeiras locais ou recuperar canteiras para uso turístico.

"Temos os coñecementos, temos as capacidades e temos a disposición e o compromiso para transformar Galicia", di o presidente do Consello Galego de Enxeñerías.

Feijóo di que xa lle trasladaron esas 100 medidas á Consellería de Facenda para que as inclúa no plan estratéxico que van preparar a partir de xuño.

"Antes do segundo semestre imos deseñar xa a Galicia do ano 30 e nesa Galicia teñen que estar as enxeñeráis de hoxe", explica Feijóo.

En materia forestal, a Xunta está estudando como unir os propietarios dos montes para facelos máis rendibles de xeito que as cortas cada quince anos funcionen como plans de pensións.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/03/2019