CRTVG

Buscar

Os enfrontamentos volven á universidade de Hong Kong

Publicado o 17/11/2019 18:17

O plan das autoridades hongkonesas para reabrir o túnel máis importante da cidade, próximo á zona universitaria, acabou en novos e graves enfrontamentos entre policías e manifestantes, que responderon ao gas lacrimóxeno dos antidisturbios lanzando ladrillos, cócteles molotov e outros obxectos. O túnel quedou de novo bloqueado, cun gran lume cerca da súa entrada e con barricadas que xeran o caos no tráfico do centro financeiro. Os manifestantes estan atrincheirados na zona universitaria, onde estarían construíndo "unha fábrica de armamento", segundo fontes policiais.
As autoridades educativas anunciaron a cancelación de clases e os peches de varios edificios públicos este luns polo temor de que recrúen os enfrontamentos co comezo da actividade semanal.

Noticias web

17/11/2019