CRTVG

Buscar

Os encoros galegos achéganse ao noventa por cento da súa capacidade

Publicado o 16/05/2018 21:01

As chuvias das últimas semanas, nun principio de primavera con tempo variable, encheron os encoros, que xa se achegan ao 90 por cento da súa capacidade. A conca do Miño-Sil está xa no 86,5 por cento da súa capacidade cun total de 2.622 hectómetros cúbicos encorados dos máis de 3.000 de capacidade.

A conca de Galicia-Costa está aínda mellor, no 88,9 por cento dos 684 hectómetros de capacidade. No resto da península destacan as concas do Cantábrico, que están a máis do 90 por cento da capacidade. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018