Os encoros do Miño-Sil sitúanse por enriba da media histórica
Publicado o 27/11/2019 13:57
Este outono tan húmido fixo medrar o nivel dos encoros da cunca Miño-Sil. O dos Peares está a máis do 95%, hai dous anos estaba ao 79%. A presa de Velle está 15 puntos por riba que nestas mesmas datas do ano pasado.
E é que no que levamos de ano hidrolóxico, dende o 1 de outubro, a precipitación acumulada na provincia de Ourense é de 404 litros por metro cadrado, un 50 por cento por riba da media histórica.
Mañá no Baixo Miño e na Limia poden chegar, segundo as previsións da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a 40 litros por metro cadrado, polo que dende está oficina estarán atentos.
Chove sobre mollado, este ano podemos dicir que Galicia fai gala da súa fama.
Máis sobre actualidade
28/02/2021 22:42