CRTVG

Buscar

Os empresarios vanlle trasladar ao Goberno as conclusións do cumio da CEOE e agardan consenso

Publicado o 25/06/2020 15:09

O cumio afondou no presente e futuro de máis de vinte sectores que serán claves na reconstrución do país. Desde o financeiro ata industria, o turismo, as pemes e autónomos hai unha idea común que resumía o presidente de Inditex: "É determinante manter as medidas que están funcinando, como os ERTE ou as liñas de avais públicos".

Europa será fundamental na recuperación de España despois da pandemia e hai que darlle confianza. Esta é unha das conclusións do cumio empresarial que celebrou a CEOE estes días. O encontro resúmeses nun documento con dez claves que van entregar ao Goberno. Agardan consenso.

Tocado pola pandemia, o tecido produtivo avoga polos investimentos, a seguridade xurídica e a estabilidade fiscal: "E evitar subas impositivas en momentos de crises económica. Outros países europeos están aplicando rebaixas de impostos para saír da crise", engadiu Pablo Isla.

A industria busca achegar o 20% do PIB e pide medidas que a fagan competitiva: O presidente da CEOE referíase ao estatuto para consumidores electrointensivos, aínda en desenvolvemento "considérase clave, pero o borrador considérase insuficiente", dixo Antonio Garamendi.

Canda a transición enerxética, axudas para a dixitalización, maior colaboración público-privada ou repensar o modelo de formación para que atenda ás necesidades do mercado laboral. Son outras propostas no documento que os empresarios farán chegar ao Goberno.

Noticias web

25/06/2020