CRTVG

Buscar

Os empresarios rexeitan a harmonización fiscal se implica suba de impostos

Publicado o 27/11/2020 14:39

Dende hai case dúas décadas, cada comunidade autónoma ten marxe de manobra con varios impostos que lles cede o Estado, como o de sucesións ou o de patrimonio.

María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da USC, ponnos un exemplo: "Un patrimonio de 15 millóns de euros en Estremadura pagaría 480.000 euros anuais de imposto de patrimonio, e en Madrid, ese mesmo patrimonio de 15 millóns de euros pagaría cero euros, co cal vemos que as diferenzas son significativas".

A negociación dos presupostos con Esquerra volveu abrir o debate sobre a harmonización fiscal. Os empresarios rexéitana se iso lles supón tributar máis.

Para Antonio Garamendi, presidente da CEOE, "se o que lle chamamos harmonización é subir impostos, pois entendemos que é un debate que non ten encaixe".

Para o PP, tal harmonización sería inconstitucional e defenden a baixada de impostos nas comunidades en que gobernan.

Segundo Pablo Casado, "en Madrid non hai un paraíso fiscal, hai un modelo alternativo ao inferno fiscal en que converteron Cataluña os independentistas e que agora Sánchez quere estender a toda España a cambio dunha presada de votos cos presupostos xerais do Estado".

O Goberno quere reformar o sistema nos próximos meses para ir, din, cara a un modelo máis xusto e igualitario.

Noticias web

27/11/2020