CRTVG

Buscar

Os empresarios alertan do "impacto sen precedentes" que suporá a paralización

Publicado o 30/03/2020 08:21

A Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e a das pequenas e medianas empresas (CEPYME) alertaron do "enorme impacto sen precedentes" que suporá na economía española a medida que anunciou o Goberno de paralizar as actividades non esenciais con motivo da crise do coronavirus.   

"Vai ser unha medida que vai xerar un enorme impacto, sen precedentes, na economía española, especialmente en sectores como o industrial. Este parón pode levar a unha crise máis profunda da economía, que podería chegar a ser social", subliñan ambas as institucións a través dun comunicado.

Ambos os organismos din non discutir a medida do Goberno porque a prioridade é a saúde, aínda que instan o Executivo a tomar outras consideracións para evitar un "agravamento da situación" que atravesan as empresas e evitar así unha destrución masiva do tecido empresarial e do emprego de maneira definitiva.

Noticias web

30/03/2020