CRTVG

Buscar

Os empresarios esixen a implicación do Goberno central no corredor atlántico

Publicado o 30/10/2019 15:13

En xaneiro, Galicia, Castela e León e Asturias presentaron o seu proxecto para modernizar a liña que na actualidade non cumpre os parámetros precisos para ser considerada parte da rede ferroviaria transeuropea. Os empresarios denuncian que desde entón non houbo avances e culpan o Goberno central de inacción.

Advirten de que, se o Ministerio de Fomento non presenta as iniciativas precisas, quedariamos excluídos no tráfico de mercadorías ferroviarias con Europa.

Os empresarios temen ademais que se perdan os fondos comunitarios se Fomento non actúa a tempo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019