CRTVG

Buscar

Os empresarios da noite calculan que haberá catro mil festas ilegais de fin de ano

Publicado o 18/12/2020 14:17

Son impensables este ano as imaxes de macrofestas, coas grandes discotecas e salas de festas pechadas. O peche nocturno e as limitacións a seis persoas farán que a maioría das festas de fin de ano sexan ilegais.

Segundo os empresarios da noite, en Galicia poderían organizarse unhas catro mil festas, xuntanzas de 30 a 50 persoas en casas ou locais.

O certo é que será unha noite vella moi distinta e que moitos, mesmo os máis novos quedarán nas casas coas familias.

A Federación de Asociacións de Discotecas e Salas de Festas de Galicia xa recibiu notificación de que a metade dos seus asociados van pechar os seus locais o vindeiro ano.


 

Noticias web

18/12/2020