CRTVG

Buscar

Os empresarios consideran desproporcionada a reacción do Ministerio de Traballo co coronavirus

Publicado o 05/03/2020 15:21

Empresarios e sindicatos critican a guía publicada polo Ministerio de Traballo, que consideran alarmista e contraditoria coa información que reciben de Sanidade. Láianse tamén de que non se lles consultase antes da súa elaboración.

O Ministerio de Traballo publicaba a guía da discordia e facía unha chamada á tranquilidade ao tempo que deixaba nas mans de empresas e traballadores a decisión de suspender a actividade ante un hipotético caso de coronavirus.

Pero empresarios e sindicatos consideran un erro difundir pautas de actuación en relación co COVID-19, pois cren que causa encirra confusión ao non se corresponder coas avaliacións emitidas por Sanidade.

Tanto as patronais como os sindicatos coinciden en salientar que non se contou con eles á hora de elaborar a guía. Piden tamén maior coordinación dentro do Goberno.

 

Noticias web

05/03/2020