CRTVG

Buscar

Os empresarios confían nunha mellor recuperación económica de Galicia

Publicado o 13/01/2021 16:14

A maioría dos empresarios galegos cren que a recuperación económica será mellor que no resto de España, segundo un informe elaborado pola consultora internacional BDO. A economía galega compórtase mellor durante a pandemia polas exportacións e porque os sectores máis afectados teñen menor peso na nosa economía.

A caída do PIB e o paro cunha taxa de catro puntos e medio por debaixo da española fan pensar que as perspectivas para a recuperación económica sexan máis optimistas para Galicia. O conselleiro de Economía que asistiu á presentación deste informe en Vigo insistiu na transformación do tecido empresarial con distintas medidas.

Noticias web

13/01/2021