Os empregados de oficina de Inditex terán libre a tarde do venres
Publicado o 05/11/2019 15:26
Desde o 1 de xaneiro de 2020, os empregados de oficina do xigante téxtil disporán de novos horarios de traballo. De luns a xoves terán dúas opcións de entrada e saída e os traballadores poderán elixir entre comezar ás nove e saír ás seis e media ou comezar a xornada ás nove e media a rematar ás sete da tarde.
Esta flexibilidade horaria súmase ao anuncio de que a partir do próximo ano librarán a tarde do venres, unha vella reclamación dos empregados.
No comunicado emitido pola multinacional tamén se anuncian novas opcións de mobilidade para que o transporte ata as instalacións sexa máis eficiente, sostible e accesible. Os traballadores disporán de lanzadeiras e carga de vehículos eléctricos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
05/12/2019 19:50