CRTVG

Buscar

Os empregados de Airbus de España e Francia volven ao traballo

Publicado o 23/03/2020 15:03

Airbus retoma parcialmente a actividade nos centros de produción de España e Francia. Os 13.000 traballadores das factorías que a compañía aeroespacial ten en España estiveron catro días parados mentres se implementaban protocolos de prevención fronte ao coronavirus.

Os sindicatos xa amosaron o seu rexeitamento á reapertura e anunciaron paros se non se cumpren as medidas de seguridade.

Airbus xustifica a reapertura na necesidade de seguir dando soporte ao Exército.

Noticias web

23/03/2020