CRTVG

Buscar

Os emigrantes marroquís non poderán volver ao seu país desde portos españois

Publicado o 07/06/2021 08:32
Os emigrantes marroquís non poderán volver ao seu país desde portos españois

A operación Paso do Estreito, a volta dos emigrantes marroquís ao seu país por mar, só se poderá facer desde os portos franceses de Sète e Marsella e desde o italiano de Xénova, igual que sucedeu o ano pasado. O Goberno marroquí aduce medidas sanitarias preventivas. As conexións aéreas suspendidas desde marzo abriranse a partir da semana que vén. O comunicado do Goberno marroquí non menciona as fronteiras de Ceuta e Melilla, pechadas en marzo de 2020.

A operación Paso do Estreito comezaba a mediados de xuño e remataba en setembro. Antes da pandemia, pasaban tres millóns de pasaxeiros e case 800.000 coches.


 

Noticias web

07/06/2021