CRTVG

Buscar

Os emigrantes enchen as aldeas do concello de San Xoán de Río

Publicado o 10/08/2020 21:10

A aldea de Mouruás en San Xoán de Río revive cos xogos dos pequenos e as conversas pola fresca dos emigrantes que volven ás súas casas no verán na procura de tranquilidade.

Aquí no inverno hai uns 20 veciños, hoxe din son máis dun cento. Este concello do Macizo Central ourensán, con 530 habitantes, é o que máis medra no verán. E os que veñen están a seguir todas as medidas de seguridade contra o virus.

San Xoán de Río é tamén un dos concellos máis avellentados de Galicia e desde os anos 80 perdeu o 80% da súa poboación. Habitualmente hai 7 nenos no municipio e no verán son máis de medio cento. O concello organízalles actividades aos cativos e ofrece conexión a Internet gratuíta, e alguns din que pensan quedar máis tempo e probar a teletraballar desde a aldea.

Noticias web

10/08/2020