CRTVG

Buscar

Bos días

Os efectivos policiais desprazados a Cataluña para impedir o referendo comezan a regresar aos seus destinos

Publicado o 06/10/2017 09:31

Os efectivos policiais desprazados a Cataluña para impedir o referendo comezan a regresar aos seus destinos. En Pineda do Mar, os Mossos de'Esquadra déronlles unha calorosa despedida aos axentes da Policía Nacional.

En Pineda víronse apertas de despedida entre Mossos d'Esquadra e axentes da Policía Nacional. Un xesto de cordialidade despois dos momentos de tensión vividos polas cargas policiais do 1 de outubro e os 'escraches' a policías que se rexistraron posteriormente.

A marcha está sendo gradual, a medida que finalizan os contratos cos hoteis. Este xoves marcharon 400 axentes que se aloxaron en dous hoteis de Pineda.

En Reus os axentes da Policía Nacional despregados para o referendo do 1 de outubro tamén abandonaron a cidade entre as mostras de ánimo dun grupo de manifestantes.

Os axentes que marcharon de Reus eran recibidos deste xeito en Huesca, a onde foron trasladados para reforzar a seguridade con motivo das festas do Pilar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017