CRTVG

Buscar

Os economistas galegos son optimistas respecto ao crecemento da nosa economía

Publicado o 22/07/2020 15:01

Os economistas galegos son optimistas respecto ao crecemento da nosa economía.

Segundo se desprende do barómetro de economía do Consello Galego de Economistas, case un 30% dos enquisados considera que Galicia pode colocarse entre as comunidades con maior ritmo de crecemento nos próximos meses.

Os economistas tamén cren que o consumo doméstico medrará de forma moderada durante o 2021.

Sobre a modificación da reforma laboral máis da metade dos enquisados aseguran que debería ir encamiñada a unha maior flexibilización.

Noticias web

22/07/2020