CRTVG

Buscar

Os economistas apostan por unha solución técnica para evitar o problema de tesourería nas autonomías

Publicado o 02/09/2019 16:29

Liberar os 5.000 millóns de euros que o Estado lles debe ás comunidades excede a capacidade dun Goberno en funcións, defende A Moncloa. Ao que as autonomías responden que a inestabilidade política non pode afectar o seu funcionamento. Os economistas explican que o que é un problema contable ten consecuencias na práctica.

Unha solución técnica e urxente, di o presidente dos economistas galegos, que tamén apela a revisar a Lei de financiamento autonómico para que este problema non se volva producir.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019