CRTVG

Buscar

Os ecocomedores escolares garanten a alimentación sa da cativada

Publicado o 25/10/2021 21:34

As cidades tamén poden ruralizarse, como está a demostrar desde hai 6 anos na Coruña unha escola infantil co seu proxecto de Ecocomedores da Bioesfera. Unha iniciativa que proporciona os nenos e nenas da escola alimentos ecolóxicos, frescos e de proximidade.

Aitor chega un día á semana ben cedo á escola infantil A Caracola da Coruña co mellor da súa horta, recollido apenas unhas horas antes. A súa cooperativa familiar produce case á carta desde 2015 cando comezou o ecocomedor na escola. Cenoria, repolo, brócoli, aromáticas e ovos e calquera hortaliza, sempre de temporada, que alimentan acotío os 82 alumnos e moitos dos pais que fan pedido para a casa. Os nenos non podían comer máis fresco nin mais natural.

"Axúdanos a desenvolver ese tipo de agricultura que agora están demandando dende Europa e en Galicia e moi doado porque se fixo sempre", explica. 

"Non só é alimentar, estamos a falar tamén, da economía local e do desenvolvemento da comarca", di Beatriz Ferreira, directora da escola infantil municipal A Caracola.

Desta volta houbo repolo, cenorias, cabaza e ovos. "Coas verduras que teña esa semana elixo eu como fago a ensalada, a crema... Proban cousas distintas e aprenden", di a cociñeira Danay Fuentes. 

Estas nenas e nenos de ata 3 anos pasan a maior parte do tempo de escola ao aire libre, entre a horta, o invernadoiro e as composteiras, aínda que chova, e apenas sofren catarreiras.

Noticias web

25/10/2021