Os drons permiten ter vixiado o 70 % do territorio galego para previr incendios
O Goberno galego salientou a presenza de doce drons dentro da operación Sentinela para realizar tarefas de vixilancia, prevención e detección de incendiarios, o que permite, xunto á colaboración de medios do Exército, ter "o 70 por cento do territorio galego vixiado".
O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou a aposta da Xunta á hora de "sumar sinerxías" coas diferentes administracións para reforzar a vixilancia co despregamento de medios humanos e detectar condutas irresponsables, así como aos presuntos incendiarios.
Foi durante unha visita realizada ao concello ourensán de Monterrei, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, para supervisar os traballos de vixilancia e disuasión nos montes galegos.