Os drons non dan localizado os cans que quedaron cercados pola lava na Palma
Publicado o 20/10/2021 20:42
Polo momento non foi posible rescatar os cans que quedaron abandonados nunha leira e cercados pola lava. A empresa de drons de Lalín que se desprazou ata a Palma para facer o traballo leva feitos xa dous intentos sen éxito. De momento non deron localizado os cans, que non responden a ningún estímulo nin van en busca da comida que lles lanzan. Nas próximas horas farán un novo intento.