CRTVG

Buscar

Os drons de Medio Rural vixían o monte

Publicado o 08/09/2019 18:42

Esta fin de semana están operativos os drons propios cos que conta a Consellería de Medio Rural.

Coincidindo con estes días de máximo risco polas condicións meteorolóxicas, os drons empréganse para detectar lume e para colaborar na coordinacións das tarefas de extinción. Tamén se empregan para a vixilancia preventiva e o control das rozas nas franxas de seguridade próximas ás vivendas.

Os drons xa se utilizaran nas últimas campañas contra o lume en Galicia, pero estaban xestionados polo ministerio de Defensa. Agora dependen directamente da Consellería do Medio Rural, que confía na súa eficacia na vixilancia e como elemento disuasorio. Serven de apoio para as brigadas de extinción e están preparados para poder voar pola noite.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/09/2019