Os doutores Xosé García Bustelo e César Serrano reciben os Premios Ramiro Carregal
Publicado o 09/09/2021 21:09
O Hostal dos Reis Católicos acolleu a entrega dos premios de investigación oncolóxica Ramiro Carregal que elixen sociedades científicas. Os galardoados este ano son, na categoría de internacional, Xosé Ramón Bustelo, investigador do centro do cancro de Salamanca; e na categoría de talento emerxente, César Serrano, oncólodo do hospital Vall d´Hebrón. Os premiados reclamaron máis financiamento para investigación oncolóxica e protocolos para evitar retrasos no diagnóstico dos tumores cando acontecen urxencias sanitarias como a da covid.