CRTVG

Buscar

Os senegaleses que trataron de axudar a Samuel Luiz serán fillos adoptivos da Coruña

Publicado o 10/09/2021 12:33
Os senegaleses que trataron de axudar a Samuel Luiz serán fillos adoptivos da Coruña

Os dous senegaleses que trataron de axudar a Samuel Luiz serán fillos adoptivos da Coruña. Acordouno por unanimidade o pleno da corporación municipal, que con este recoñecemento quere destacar o feito de que os dous puxesen en risco as súas vidas cando o mozo estaba a ser golpeado, a pesar de estaren en situación irregular en España.

Tamén en relación con este caso, a Audiencia Provincial da Coruña acaba de desestimar o recurso de apelación presentado por un dos investigados contra o auto do xuíz instrutor que decretou o mantemento do seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza. O tribunal entende que esta medida é necesaria e proporcional ao existir risco de fuga e alteración de probas

Noticias web

10/09/2021