Os rapaces que axudaron a moza de Boiro declaran que o coche tiña o maleteiro aberto
Publicado o 10/04/2019 13:29
Esta mañá tamén declararon as testemuñas dos feitos da noite do 25 de decembro, os dous mozos que auxiliaron a rapaza e a policía que acudiu tras a denuncia.
Os dous mozos recoñeceron que cando se achegaron despois de escoitar os berros da moza, comprobaron que había un forcexo entre un home e ela preto do maleteiro aberto dun coche gris.