Os dous detidos pola 'rave' de Llinars poderían ser sancionados con máis de 600.000 euros
Publicado o 04/01/2021 09:09
Os dous detidos como organizadores da festa 'rave' que se celebrou durante 40 horas no municipio barcelonés de Llinars del Vallès pasarán hoxe a disposición xudicial.
Son unha moza holandesa de 29 anos e un rapaz de Tarragona de 22. Afrontan unha sanción administrativa de máis de 600.000 euros por incumprir a normativa anticovid e poderían ser imputados por un delito contra a saúde pública.
Canda eles, hai outros cinco investigados por desobediencia grave. A policía considera que son tamén responsables desta festa ilegal de Noitevella.