CRTVG

Buscar

Os donos de Plus Ultra intentaron vender a aeroliña por 2,5 millóns en 2016

Publicado o 09/04/2021 15:12

Continúa o regueiro de informacións sobre Plus Ultra. O xornal El Mundo publica que a compañía rescatada con 53 millóns de euros negociou a súa venda por dous millóns e medio entre 2014 e 2016. A operación non frutificou pola situación financeira que arrastraba a aeroliña, con débedas de máis de cinco millóns.

Plus Ultra xustifica ese prezo de venda porque daquela aínda non tiña licenza de explotación. A aeroliña defende o rescate polo seu valor estratéxico na conectividade de España.

 

Noticias web

09/04/2021