CRTVG

Buscar

Os doces do Entroido son unha tradición que se transmite de xeración en xeración

Publicado o 13/02/2018 14:22

 

As delicias deste tempo, os doces de Entroido, son unha tradición que se transmitiu de xeración en xeración, que nos axudan a pasar o duro inverno. O mellor é que as receitas estrela son aquelas que derivan das sutís diferenzas que lles poñen na súa elaboración. A diversidade de cada zona de Galicia fai das filloas, orellas, flores, chulas ou bicas... larpeiradas únicas no seu xénero.

Hai quen di que as penas son menos se sabemos como darlle delicias á vida. O Entroido é un revulsivo para volver saborear esas receitas que se transmiten de xeración en xeración. Nais, avoas...

Cada doce pasa polo cerimonial de facerse ao estilo de cada zona, e aínda que estamos no reino das fillos, orellas, larpeiradas, cada vez valórase máis o toque de distinción que cada familia pon nas mans.

As receitas estrela viven todas elas da gran diversidade que resume Galicia, flores de Entroido, rosquillas de anís, periquitos, larpeiradas...

Os doces de Entroido acompañan as ganas de diversión e a necesidade de ledicia para saber esperar a ansiada primavera.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018