CRTVG

Buscar

Os docentes cren que haberá que facer moita pedagoxía para interiorizar as normas

Publicado o 28/08/2020 17:01

Os equipos directivos levan semanas adaptando os centros para o reinicio do curso. Aínda así, a proba de lume terá lugar o próximo dez de setembro, cando comecen as clases para infantil e primaria.

Será o momento de pasar da teoría dos protocolos á práctica. Os docentes saben que será necesaria moita pedagoxía para que o alumnado interiorice as novas normas.

A Consellería de Educación está afinando o protocolo galego, tras o acordo asinado co resto de autonomías. Por exemplo, o da medición da temperatura. Aquí non se fará no centro, senón na casa, antes de saír.

En caso de haber síntomas, a familia terase que comunicar co centro e adxuntar un xustificante. Nese caso, non contarán as faltas, do mesmo xeito que se o neno ou a nena tivese que estar en corentena.

Neste curso tan atípico non vai aplicarse o protocolo de absentismo.

Noticias web

28/08/2020