Os doce mellores europeos do hóckey tamén queren unha Superliga
Publicado o 23/04/2021 15:21
Cinco clubs portugueses, catro españois, entre eles o Liceo, dous italianos e un francés promoven unha nova competición europea. Aseguran que a actual Euroliga nin é atractiva nin produtiva.
Un proxecto que, de momento, como sucede no fútbol, non encontra eco na federación internacional, pero non hai marcha atrás.
Afirman que a competición está aberta a outros clubs que queiran participar.