Os do Val do Lérez, na final do Concurso de Murgas de Pontevedra
Publicado o 27/02/2020 21:16
Os do Val do Lérez levan 16 anos participando no Concurso de Murgas de Pontevedra. Pasado Reis, nun xantar, deciden os temas sobre os que van cantar.
A sátira, a crítica social e o humor non poden faltar. Temas de actualidade como o coronavirus ou o veganismo centran as cancións que van interpretar nesta final.
O xurado valorará o vestiario, a música, a letra e a posta en escena. Ata a unha da mañá, Os do Val do Lérez non saberán se gañan por cuarto ano consecutivo este vixéximo noveno Concurso de Murgas.