Os DJ empezan a traballar en casamentos e as discotecas esperan por eles
Os DJ prepáranse para subir os decibeles... Tres meses de silencio e ducias de vodas canceladas despois, a música empézase a oír.
"O 4 xuño tivemos os primeiros eventos, as primeiras vodas. Queda o 40% do que tiñamos para o ano", comenta Cosme Folgueira, de Eventec.
Nesta empresa traballan 10 DJ. Fan o 80% das vodas da provincia de Lugo. A pandemia paralizou o sector e atrasou as celebracións. En moitos casos, sen data fixa.
"Moitas para outubro, para novembro, para Nadal, e mesmo para o ano que vén", mantén Folgueira.
As discotecas poderán abrir a partir do 1 de xullo con máscara e distancia de seguridade entre outras restricións.
"O futuro da discoteca é nulo. Discoteca ten que ser con pista de baile", opina.
Durante a pandemia moitos DJ fixeron traballos nas redes sociais. Agora, xa empezan a subir os decibelios.