Os disfraces de personaxes de series e debuxos animados triunfan este Entroido
Publicado o 19/02/2019 20:56
As tendas de disfraces son un ir e vir de xente durante estes días. Achégase o Entroido e andan na procura do disfrace desexado. Entre os adultos triunfan os personaxes das series, entre os máis cativos os dun coñecido videoxogo e os de debuxos animados.
Hai disfraces que nunca pasan de moda, como os relacionados cos animais. Por temática, o máis solicitado é o de viquingo. Non sempre fai falla mercar un disfrace, hai xente que elixe os complementos.
Por doce euros xa podemos atopar algún disfrace, algo moi lonxe dos máis de mil cincocentos euros que pode custar este de Darth Vader.