CRTVG

Buscar

Os discapacitados reclaman vivendas accesibles coa campaña Arrestópolis

Publicado o 28/11/2018 17:52

A desta mañá en Santiago foi a maior das dez concentracións que se celebraron en diferentes puntos de Galicia. Concentrancións que serviron para presentar a nova campaña denominada Arrestópolis, e coa que queren concienciar as administracións de que unha vivenda non pode ser unha cadea.

As asociacións de discapacitados reclaman a accesibilidade universal a edificios e vivendas e piden que se cambie a lei da propiedade horizontal. Nas concentracións desta mañá, que se celebraron conxuntamente en 37 cidades españolas, demandaron tamén que se establezan axudas específicas para que as comunidades de veciños poidan afrontar as obras necesarias e que as persoas con discapacide poidan facer así unha vida normal.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/11/2018