CRTVG

Buscar

O G7 comprométese a doar mil millóns de vacinas para a covid para o Terceiro Mundo

Publicado o 13/06/2021 21:01

A última xornada do cumio do G7 pretendeu simbolizar o compromiso coa economía verde. Por iso os líderes reunidos tiveron como convidado telemático o naturalista británico sir David Attenboroug, moi popular polos seus documentais. Escoitárono con atención e Joe Biden asegurou o compromiso dos Estados Unidos, a diferenza de Trump, coa loita contra o cambio climático, a descarbonización e coa Axenda 2030. O mesmo fixeron os demais.

Concretouse que os sete doarán mil millóns de vacinas contra a a COVID-19 aos países pobres ata finais de 2022. Na declaración do cumio sinálase que por vía de contribucións financeiras ou entregas directas a doazón real vaise elevar a dous mil millóns de vacinas. Tamén establecen un plan de batalla contra outro hipotético novo virus para actuar nos primeiros cen días e pídenlle á OMS que investigue se o coronavirus procede dun accidente de laboratorio na China.

Acordaron facerlle fronte á crecente influencia económica dos chineses en África, Asia e Latinoamerica cunha ruta da seda alternativa, que denominan moi intencionadamente ruta verde da seda. Ademais, condenan a explotación da minoría dos uigures na China en centros de traballos forzados.

Este sábado xa quedara claro que apoian o novo imposto de socidedades cun mínimo do 15 %, aplicable ás grandes multinacionais, e así se constanta tamén na declaración final.

Noticias web

13/06/2021