CRTVG

Buscar

Os dirixentes de Anova debaten como concorrerán ás eleccións xerais de abril

Publicado o 23/02/2019 13:50
Os dirixentes de Anova debaten como concorrerán ás eleccións xerais de abril

A Coordinadora Nacional de Anova reuniuse esta mañá para debater como concorrerán ás eleccións xerais de abril. A fórmula elixida finalmente foi a coalición de partidos, que continúa co modelo de AGE e se afasta co partido instrumental proposto por En Marea.

Na coordinadora participou o deputado de En Marea no Congreso Miguel Anxo Fernán Vello e o cofundador de Anova, Xosé Manuel Beiras. Precisamente, ao ideario do histórico nacionalista, apelou Luís Villares, insistindo en que na lista de en Marea seguen cabendo todos. Pero a Coordinadora Nacional apostou pola Fronte Ampla.