CRTVG

Buscar

Os devotos dos Milagres de Baños de Molgas recuperan as peregrinaxes e procesións

Publicado o 08/09/2021 14:49

A profunda devoción mariana atraeu, de novo e malia a pandemia, milleiros de persoas ata este santuario dos Milagres de Baños de Molgas. Os actos non foron tan multitudinarios, pero moitos cumpriron coa tradición e as súas ofrendas.

Despois de máis dun ano moi duro e sen celebracións, o santuario volveu recuperar as peregrinacións e as procesións. E tras a misa moitos animáronse tamén a cumprir coa tradición máis festiva.

Con misas ata as oito e media da tarde, son centos de persoas os que hoxe festexan o día grande da Virxe nos Milagres.

Noticias web

08/09/2021