Os detidos por narcotráfico en Ourense querían abrir unha nova ruta por Portugal
Publicado o 23/01/2019 09:14
Na operación incautáronse 430 quilos de cocaína en caixas de froita. A banda ensaiaba a ruta para introducir droga desde o país veciño
Novidades na investigación sobre o alixo de coca atopado nun cargamento de froita. Tratábase do bautismo da banda. Os detidos intentaban establecer unha nova ruta de narcotráfico por Portugal. Non se descartan novas detencións.