CRTVG

Buscar

Os detidos na operación Luna contra o narcotráfico, pendentes de pasar a disposición xudicial

Publicado o 05/03/2020 14:10
Os detidos na operación Luna contra o narcotráfico, pendentes de pasar a disposición xudicial

Aínda están pendentes de pasar a disposición xudicial os 16 detidos na operación Luna contra o narcotráfico levada a cabo onte na Coruña.

Foi no barrio de Monelos, onde a policía desartellou un punto venda de droga que os veciños viñan denunciando dende hai xa tempo. Aquí foron detidas doce persoas, entre elas varios menores. Xunto a eles, dous máis en Ferrol e outros tantos en Sada. Xunto aos detidos, os axentes tamén comisaron armas e preto de 50 gramos de cocaína.

Noticias web

05/03/2020