CRTVG

Buscar

Os detectives privados ofrécense para buscar os contactos dos infectados

Publicado o 20/05/2020 19:50


Identificar os contactos que tivo unha persoa diagnosticada coa COVID-19 é fundamental para evitar a expansión do virus. Trátase de averiguar se houbo contaxios e illar eses casos.

Nese rastrexo os detectives privados din que poden ser moi útiles achegando a súa experiencia. Explícanolo o presidente do colexio de detectives privados de Galicia, que polo seu traballo prefire non ser recoñecido.

Explican que en ningún caso queren substituír o labor do persoal sanitario e destacan o seu coñecemento da lexislación na protección da intimidade e os datos das persoas

Esta práctica de rastrexo dos contactos estase a usar en distintos países do mundo para evitar a propagación do virus.

Noticias web

20/05/2020