CRTVG

Buscar

Susto na autovía do Barbanza por mor dun coche que circulaba en sentido contrario

Publicado o 07/04/2019 19:11

A Dirección Xeral de Tráfico recomenda moita precaución nos desprazamentos por estrada, tanto polas inclemencias meteorolóxicas destes días como polo perigo que supón atoparse accidentes múltiples na vía ou circunstancias non previstas.

Susto na autovía do Barbanza por mor dun coche que circulaba en sentido contrario. Ocorreu á altura do concello de Boiro, en dirección Padrón-Ribeira á última hora da tarde deste sábado. Unha persoa que ía noutro vehículo conseguiu gravar co seu móbil durante varios minutos o turismo que provocou o caos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/04/2019