CRTVG

Buscar

Os despedimentos colectivos en España aumentaron un 55 por cento durante o pasado ano

Publicado o 25/02/2020 14:57

Os despedimentos colectivos en españa aumentaron un 55 por cento durante o pasado ano. Este dato choca frontalmente co descenso que se rexistrara nos seis anos anteriores.

Os axustes na banca e no comercio impulsaron este repunte, que non se producía desde 2012. En total foron máis de de 30.000 os traballadores que se viron afectados en todo o país ao longo de 2019 por un expediente de regulación de emprego. Case 60.000 máis se viron afectados por algunha medida relacionada, malia non chegar a perder o seu posto de traballo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2020