Os descontos nocturnos nas autoestradas autonómicas entrarán en vigor en outubro
Publicado o 31/08/2019 15:14
Xa hai data para a rebaixa na peaxe nocturna das autoestradas de titularidade autonómica. A partir do mes de outubro aplicarase unha bonificiación desde a medianoite ata as 6 da mañá. Os descontos do 50% serán na autoestrada que une A Coruña con Carballo e na que vai desde Puxeiros ata o Val Miñor. Polas estradas alternativas a eses viais circulan cada noite uns 2.400 vehículos. Coa bonificación, a Xunta pretende disminuír a sinistralidade viaria.