CRTVG

Buscar

Os descontos ateigan os comercios galegos días antes do inicio oficial das rebaixas

Publicado o 24/06/2019 21:12

As rebaixas non comezan oficialmente ata o 1 de xullo, pero os carteis de descontos de ata o 70% ateigan escaparates de toda Galicia. A liberalización para que as firmas decidan cando comezar as rebaixas fai que non haxa que esperar ata o mes que vén para acadar choios ou gangas nos comercios.

As rebaixas de verán son unha realidade malia que nin faga tempo de verán nin teñan comezado oficialmente. Os comercios levan días con carteis de grandes descontos. De feito, o sector téxtil leva inmerso anos nun desconto permanente que ameza o propio sector. É a estratexia para facer fronte ao comercio en liña, que medra a paso de xigante. Aos clientes o que lles importa é pagar menos.

A falta de data oficial para o comezo das rebaixas, o grupo Inditex ofrece promocións e descontos nas súas webs. E é que o comercio eléctrónico ten un papel fundamental na campaña de rebaixas. Tanto, que algunhas empresas de recursos humanos calculan que estas rebaixas de verán xeren uns 200.000 empregos nos sectores de comercio, transporte e loxística.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019