CRTVG

Buscar

Os dermatólogos recomendan extremar as precaucións ante o sol tras o confinamento

Publicado o 29/05/2020 14:06

Tras semanas de confinamento, había ganas de sol. Pero os dermatólogos advirten. Hai que extremar as precaucións, porque, tras semanas de encerro, a pel é máis vulnerable.

A dermatóloga Consuelo Cebreiro di que a pel non está habituada á exposición solar, e que están vendo xa reaccións por ese motivo. Por iso, explica, hai que empregar protección solar e aplicala correctamente.

E é que non protexer a pel adecuadamente pode ter consecuencias máis aló das queimaduras, como distintos tipos de cancro e outras lesións cutáneas.

Fuxir das horas máis fortes do sol e hidratarse ben son outras das recomendacións, especialmente para as persoas máis vulnerables ante o sol, como os maiores ou os nenos.

Noticias web

29/05/2020