CRTVG

Buscar

Os deputados estarán separados por pantallas no Parlamento de Galicia

Publicado o 05/08/2020 15:16

Quedan 48 horas para que se inicie a lexislatura número 11 no Parlamento de Galicia e esta mañá vimos unha imaxe inédita. Traballadores da Cámara están a colocar pantallas de cristal que serven de separación entre os escanos dos deputados.

É unha medida para garantir a saúde dos 75 novos parlamentarios. Neste caso non había posibilidade de que asistisen só algúns deputados.

Cada un deles debe tomar posesión do seu escano presencialmente, co seu xuramento ou promesa. Non se pode facer de xeito telemático. De aí que o Parlamento decidise colocar esas pantallas no hemiciclo.

Noticias web

05/08/2020